3.4- Abreviaturas

A limitación de 140 caracteres fai que se utilicen moitas abreviaturas. As máis comúns son:

 

RT: Retweet

MT: Modified Tweet o Tuit Modificado. Similar a RT, pero indica que se introduciu algunha modificación na mensaxe orixinal.


DM: Direct Message o Mensaxe Directa.

@usuario: mensaxe a usuario

.(espazo)@usuario: Similar funcionamento ao anterior, pero ao engadir o punto diante da arroba a mensaxe é visible para todo o mundo.

@+sitio ou lugar: estou en… Utilízase para indicar onde estás (cidade, museo, restaurante, etc)

TL: Timeline ou cronoloxía. É onde se visualizan as nosas mensaxes eos dos usuarios aos que seguimos, a medida que se van publicando.

TT: Trending Topics ou Temas de moda.

vía + @usuario ou dirección web: Emprégase para indicar a orixe ou fonte da información que contén o tuit, e sitúase ao final da mensaxe.