3.3- Tuiteamos!!

Comeza a escribir os teus tuits.

Tes 140 caracteres para facelo así que sé claro e conciso. O contador vaiche indicano cantos caracteres te quedan.  

Todas as mensaxes que escribimos (agás as directas) son públicas.

As mensaxes directas son privadas entre os usuarios que as realizan. Para enviala emprega a opción que hai para facelo

Para eliminar unha mensaxe enviada utilizaremos o icono que aparece debaixo de cada tuit

Se queremos referirnos a alguén en particular debemos empregar o seu nome de usuario en twitter(@tecnotic p.e.) Aínda que non sigamos (ou nos siga) a persoa recibirá notificación no seu taboleiro da nosa mención. 

Cando lemos un tuit e queremos responder utilizaremos o icono que aparece debaixo de cada tuit Twitter engadirá o nome do usuario precedido de @ para que lle chegue a nosa resposta.

Cando lemos algo que nos parece interesante e queremos que os nosos seguidores tamén o lean o que facemos é retuitear.