3.2- Características
En twitter hai dous tipos de usuarios:
- Ós que sigues (following) : cando un deles escribe un tweet aparecerá no noso taboleiro (timeline)
- Os que te siguen (followers): os que nos siguen porque lles interesa o que compartimos. Cada vez que escribimos un tweet vese no seu timeline.
Podemos seguir a un usuario que non nos siga e viceversa.
Notificacións
Pódes configurar recibir un correo electrónico segundo nos interese: cando alguén comeza a seguirnos, cando alguén nos cita, cando nos envían unha mensaxe, cando alguén nos retuitea.
Hastags (etiquetas)
O símbolo # diante dunha palabra (ou expresión) indica unha etiqueta. Facilita a busca dun tema en concreto. P.e. Se poñemos no buscador #TwitterQuereGalego atoparás todos os tuits que falan sobre a petición de ter twitter en galego.
Trending topic (tema do moda)
Índice dos temas ou frases máis de moda nese momento en Twitter. Son moi útiles para saber do último que se está falando. Pódes escoller o páis ou a cidade de onde queres saber os temas de moda.