3.1- Que é?

É un servizo gratuíto similar aos SMS ou a mensaxería instantanea.

Pódense enviar micromensaxes de 140 carácteres chamados tweets, visibles para os teus seguidores/as. Ti ves as mensaxes dos usuarios/as aos que segues.

As mensaxes envíanse dende internet ou dende os dispositivos móbiles.

 

Crea unha conta en http://twitter.com

Elixe o teu nome de usuario (non pode estar repetido e pode ter, como máximo, 15 caracteres) o nome de usuario vai precedido do signo @.

Antes de empezar a "tuitear", personaliza o teu perfil: fai unha pequena descrición de quen eres (límite 160 caracteres) indica de onde es e sube unha imaxe identificativa (Avatar).

Esta información facilitará que os demais usuarios nos atopen.