2.4 -O teu muro

Esta é a apariencia inicial do teu "muro" pero pronto estará chea de información que ti e os teus amig@s publiquedes.

O muro é o espazo para publicar e compartir contido cos teus amig@s.

 

 

Cada vez que xeras contido (publicas unha noticia, unha foto.....) aparece no teu muro. Cando os teus amig@s incien sesión no Facebook verán na súa páxina de inicio o contido que ti compartiches. Podes controlar a visibilidade do que publiques. 

Podes compartir:

Cunha persoa: emprega o menú "compartir" da parte superior do muro dun amig@ para escribir algo no se muro. Os amig@s do teu amig@ tamén poden ver a túa publicación. Se o que queres é compartir algo en privado, emprega as   mensaxes. 

Cun pequeno grupo: emprega a "función grupos" para compartir contidos cun grupo de persoas determinado (familia, compañeiros de traballo,.....) 

Cun público amplo: emprega o menú "compartir" da parte superior do teu muro. Podes actualizar o teu estado, compartir fotos, vídeos, enlace e contidos doutras aplicacións. O que compartas aparecerá no teu perfil. Para controlar quen pode ver ou non as túas historias modifica a configuración da privacidade ao teu gusto.