5.2- Filtrar datos

Ás veces precisamos buscar certa información entre tódolos datos que contén unha base de datos ou listado. Calc proporciona un instrumento de consulta e busca, para poder restrinxir os datos segundo certas propiedades ou categorías. Pensemos no informe predefinido AL956 do XADE, onde temos a todo o alumnado dun centro, pero necesitamos un listado do alumnado con nacionalidade estranxeira ou de todos e todas os que naceron no 2007.

 Esta ferramenta atopámola na Barra de menús – Datos - Filtro

Temos tres opcións de filtro aínda que, como iniciación, veremos as dúas primeiras.

Ao escoller Filtro automático, aparecerán nas cabeceiras de cada campo, uns botóns con menú despregable.

Seguindo cun dos nosos exemplos, o listado de alumnos e alumnas con nacionalidade estranxeira, faríamos o seguinte:

   

Paso 1

No campo NACIONALIDADE, faríamos clic no botón despregable e abriríase unha nova ventá, na que aparecen tódalas categorías.

Paso 2

Deselecionaríamos Española e dariámoslle ao botón Aceptar. Nese momento, teríamos unha táboa co alumnado estranxeiro.

 O Filtro estándar nos permite buscar datos segundo un ou varios criterios. A ventá na que traballamos será como a seguinte:

Imos agora facer un listado co alumnado nacido no ano 2007. para elo, en Nome de campo escolleríamos DATANACEMENTO; na Condición, unha vez analizado o menú despregable que nos ofrece, escollemos a opción Contén (xa que as datas de nacemento aparecen co día e o mes) e en Valor escribimos 2007.

            Ao premer sobre Aceptar, obteremos os datos solicitados.