5.1- Ordenar datos
No exemplo que estamos a seguir, o alumnado sae ordenado por nivel educativo. Imaxinemos que este criterio non nos interesa senón que precisamos que estean todos ordenados alfabeticamente. Ou pode interesarnos ordenalos segundo o enderezo, para saber cal é a zona que aporta máis alumnado ao centro.
Calc ordena dun xeito rápido os datos dos campos mediante os botóns Orde ascendente e Orde descendente, da Barra de ferramentas estándar. Para elo, selecionaremos o campo (columna) elixido e premeremos no botón axeitado.
A mesma operación podemos facela dende Barra de menús – Datos – Ordenar.
Dende este cadro, podemos escoller, ademais, que ordene por ata tres campos, por orde de prioridade. Por exemplo, en relación á folla de cálculo do XADE, podemos querer ao alumnado ordenado por orde alfabética, segundo o apelido e segundo o curso, sen ter en conta o grupo.