3.- Comezamos!!
Cando abrimos Calc, ábrese un libro de traballo que, por defecto, ten tres follas, que nos permiten organizar o traballo e os datos.
Para cambiar de folla, só temos que facer clic sobre cada letreiro ou etiqueta. Se precisamos máis follas, facemos clic sobre a cruz verde. Para identificar cada folla, é máis operativo cambiarlle o nome. Vexamos como:
![]() |
![]() |
![]() |
|
Paso 1 Facemos clic co botón dereito do rato sobre o letreiro “Folla 1”. Desprégase un menú, no que escolleremos a opción Renomear folla. |
Paso 2 Ábrese unha nova ventá, na que escribimos o nome escollido e prememos Aceptar. |
Paso 3 Comprobamos que se fixo o cambio. |
Podemos observar na imaxe do paso 1 que, no menú desplegable, temos tamén as opcións de Inserir folla, Eliminar folla, Mover/copiar folla, entre outras.


