3.2- Utilizando funcións

        Unha función é unha fórmula xa escrita e preparada para realizar cálculos e simplificar o uso de fórmulas extensas. As funcións teñen u

n nome propio e existen multitude delas. Existen funcións que realizan complexos cálculos financeiros, estatísticos, matemáticos, etc. e que permiten aforrar traballo e tempo na escritura dunha fórmula.

 

            No noso exemplo, imos ver como utilizar a función MEDIA para poder obter a nota media do alumnado e así, completar a nosa táboa de cualificacións.

 

A función SUMA:

            Quizais é a máis utilizada nunha folla de cálculo. Por iso, Calc proporciona un botón exclusivo para a función Suma na barra de ferramentas de fórmulas.

            Para utilizalo, é tan sinxelo como situarse na cela na que queremos o resultado, e premer este botón de SUMA, aparecerá a fórmula:

 

 

            O que Calc está a indicar é que vai a facer unha suma cos números incluídos no rango que vai da cela E5 ata a E8. Se estamos de acordo, pulsamos Intro e teremos o resultado.

            Podemos sumar tanto en filas como en columnas, comprobando sempre que recolle o rango que queremos

 

 

Calc permítenos utilizar multitude de funcións, pero tamén nos permite introducir unha fórmula, unha expresión que relaciona valores e fórmulas doutras celas para producir un resultado, e que podemos escribir nós na Barra de fórmulas, seguindo a sintaxe que entende Calc.

Para un uso avanzado e seguro podedes utilizar o material que aportamos no apartado Para saber máis.