3.1- Introducindo datos

Veremos algunhas das opción básicas que nos permite Calc, ao mesmo tempo que construímos unha sinxela folla de cualificacións como a do exemplo.

 

Para introducir datos, o primeiro que debemos facer é seleccionar a cela na que queremos escribir, facendo clic co rato. Segundo imos escribindo, a barra de fórmulas actívase; dende este momento, podemos modificar o contido da cela tanto dentro dela como nesta barra.

            Cando rematamos, é suficiente con pulsar a tecla Intro ou, co rato, seleccionar a seguinte cela na que queremos introducir novos datos. Tamén podemos usar os botóns que aparecen á beira da barra de fórmulas, ben para aceptar ou para cancelar a información.

 

No caso de querer borralos ou modificalos, podemos facelo tanto na barra de fórmulas como na propia cela, seleccionándoa e pulsando a tecla Supr.

 

Datos de texto:

            Para comezar a escribir, non é preciso facelo na cela A1. Fagámolo, por exemplo, na C2 e poñamos o título da folla:

 

Neste caso introducimos texto na cela C2. Podemos observar que:

                    O texto é máis longo que a cela, pero queda flotando sobre as celas seguintes (sempre que estas estean baleiras). En realidade, está só na cela C2.

                    Cando introducimos texto este alíñase, por defecto, á esquerda.

 

            Continuemos introducindo datos de texto:

No exemplo, o apelido do alumnado non está por orde alfabética. Con Calc podemos facelo automaticamente, seleccionando a columna Apelidos, e indo a Barra de menú – Datos – Ordenar ou ben, facendo clic no botón Orden ascendente da Barra de ferramentas estándar. 

O programa vainos preguntar se queremos Estender a selección, é dicir, se queremos que os datos das celas adxacentes cambien ao mesmo tempo, si están relacionados. Neste caso, é evidente que si queremos, xa que cada apelido vai con seu nome e as súas notas, polo que escolleremos esta opción.

 

  • NOTA: Pode que, nalgún momento, queiramos escribir nunha cela palabras que aparezan en dous ou máis liñas.

 

 
 1. Seleccionar a cela.  2. Escribir a palabra/s.  3. Pulsar as teclas Ctrl+Intro. 4. Escribir a palabra/s.
5. Repetir 3 se queremos cambiar de liña
 6. Pulsar só a tecla Intro.

 

Datos numéricos:

            Continuando co traballo na nosa táboa, introducimos agora os datos das cualificacións obtidas polo alumnado, deixando baleira a columna da nota media:

 

Regras a ter en conta:

                    Por defecto, os números aparecen aliñados á dereita.

                    Unha coma (,) nunha cifra é considerada como entrada de número decimal.

                    Os signos de suma diante dos números son ignorados.

                    Os números negativos deben escribirse co signo menos (-)

                    Os números separados por unha barra (/) son interpretados como si fose unha data. Para que Calc interprete que é unha división será preciso poñerlle un signo igual (=) diante. Para que interprete que é unha fracción, deberemos poñer un 0 diante.

                    Podemos escribir os números de varias cifras seguidos, pero tamén podemos utilizar o punto (.) para separar os milleiros. Por exemplo: 200000 ou 200.000.

                    Se despois dun número escribimos €, automaticamente Calc asigna o formato moeda, aínda que na barra de fórmulas non apareza o símbolo.

 

Outro tipo de datos:

 

            Para introducir unha data ou unha hora, farémolo como realmente queremos que apareza: 19/09/99, 19-set-1999 ou 14:10, 02:10 p.m.

            Para cambiar o formato no que visualizamos as datas utilizaremos a opción de menú Formato – Celas – Números, seleccionando a categoría Data.