4.3- Tempo avance

            * Configuración do tempo de avance.

 

Se escollemos avanzar automáticamente, aínda que escollamos un tempo igual para cada diapositiva, podemos variar o tempo en cada unha delas segundo as nosas necesidades:

  •                Seleccionamos, na Barra de menús, o menú Presentación de diapositivas – Probar intervalos. Comezaremos a ver a presentación en modo pantalla total e aparecerá, na esquina inferior esquerda, un cronómetro.
  •                Cando queiramos avanzar á seguinte diapositiva, facemos clic sobre o cronómetro. Se queremos conservar o tempo marcado inicialmente, faremos clic sobre a diapositiva.
  •                Faremos o mesmo para cada diapositiva ata o final. Impress gardará o tempo marcado en cada unha delas.
  •                 Para saír da presentación en modo pantalla total, lembreremos que temos que utilizar a tecla ESC do noso teclado.

 

NOTA: ¿Como quedou a presentación que viñemos facendo ata o de agora? ¿Algo así?