3.2- Mans á obra!!
Despois das últimas accións co asistente, debemos de estar nunha pantalla como a seguinte:
Antes de comezar a inserir imaxes e texto, imos ir ao Panel de Tarefas (o da dereita) e picar sobre a palabra Deseño. Ábrense os deseños predefinidos, que poden facilitarnos o traballo.
A primeira diapositiva xeralmente é a que leva o título do traballo. Neste caso, o deseño escollido pode valernos, xa que queremos poñerlle un título e unha definición.
No seguinte titorial veremos como engadir texto e formatealo
* Inserir as seguintes diapositivas.
Unha vez lista a primeira diapositiva, imos engadirlle as seguintes. Podo engadir diapositivas de tres xeitos:
1. Ir a Barra de menú – Inserir – Diapositiva. Aparece unha segunda diapositiva co mesmo deseño que a primeira pero sin o contido.
2. Nas barras de ferramentas, buscar a icona de Diapositiva.
Ocorre o mesmo que no caso anterior.
3. No Panel de diapositivas, se seleccionamos a primeira diapositiva e poñemos o rato sobre ella, aparecen tres símbolos que nos dan as seguintes opcións.
Na terceira opción di Duplicar diapositiva, polo que si picamos nos aparecerá unha segunda diapositiva exactamente igual á primeira, tanto en deseño como en contido.
Engadida unha segunda diapositiva seguindo calquera das dúas primeira maneiras, a nosa pantalla estará do seguinte xeito:
Nesta segunda diapositiva, imos escoller un deseño diferente no Panel de tarefas. Queremos que as seguintes diapositiva teñan unha palabra e dúas imaxes, polo que nos vai ser útil o seguinte deseño.
Para inserir texto, facemos clic co rato dentro de Prema para engadir título e escribimos. Formateamos a palabra como vimos con anterioridade.
Se escollemos un deseño en branco, para inserir texto , temos que facer clic co rato na icona T que está na barra inferior da pantalla de Impress, a Barra de debuxo.
Logo facemos clic dentro da diapositiva, escribimos, formateamos e o colocamos onde queiramos.
* Inserir imaxes.
Se teño un deseño en branco, para buscar e inserir unha imaxe podemos facelo de dúas maneiras:
1.
Ir a Barra de menú –
Inserir – Imaxe – Do ficheiro.
2. Buscar a icona
correspondente na barra inferior da pantalla, a Barra de Debuxo.
Abrirase unha ventana para buscar a carpeta na que teñamos gardadas as imaxes escollidas para a presentación.
Neste caso, co modelo de plantilla escollido temos axuda: No centro de cada marco, hai un símbolo gris. Se pasamos o rato sobre cada casiña, aparece unha etiqueta que nos dá información sobre a súa utilidade.
Prememos sobre a que pon Inserir imaxe. Ábrese unha ventana na que buscamos a ubicación da imaxe que desexamos e dámoslle a Abrir.
Facemos o mesmo no seguinte marco; o resultado debe ser o seguinte:
Facemos catro diapositivas do mesmo xeito para as palabras banco, bico, estación e casa (ou outras que vos queirades ou co tema que teñades escollido). Imos ver o resultado.
Para elo, no Panel de
tarefas deberá estar seleccionada a primeira diapositiva. Imos a Barra
de menús – Presentación de diapositivas – Presentación de diapositiva ou
escollemos a icona correspondente nas barras de ferramentas.
O resultado sería algo así:http://www.edu.xunta.es/platega/file.php/789/IMPRESS/homografas.odp