1.- Que é?

Programa que permite deseñar presentacións para expoñer, mediante diapositivas, determinada información a un público concreto. Impress aparece tanto na suite Openoffice como en  Libreoffice.

Neste itinerario traballaremos con Libreoffice Impress.

 A cada unha das diapositivas podemos engadirlle texto, imaxes, son, animacións.

Esta será unha sesión básica, polo que non veremos moitas das opcións que nos ofrece Impress, aínda que unha vez aberta a ventana, a curiosidade a a axuda dalgún manual, probablemente nos permita ir avanzando no coñecemento deste programa tan útil na escola.