Que é?

O Encerado dixital interactivo é  un soporte moi  fácil de usar.

O control do ordenador realizase dende o encerado, o noso dedo é o rato e nel poderemos utilizar calquera software.

Para ter un maior control sobre os movementos é recomendable "calibrar" o encerado antes de empezar a sesión. 

Aínda que non require un coñecemento específico, nesta unidade imos aprender algunhas das ferramentas das que dispón para quitarlle maior partido ao noso encerado dixital.