Que é?

As webcams son uns dispositivos que se utilizan para realizar videoconferencias polo que deberías instalar un programa de mensaxería para utilizala.

Podes utilizar o google talk , messenger, ou skype para realizar videoconferencias dos teus alumnos/as con alumnado doutros centros.

Moitos dos ordenadores actuais (sobre todo os portátiles) xa a traen incorporada.  Se este non é o teu caso segue estos pasos para instalala.

 

Como instalar unha webcam

A instalación dunha webcam externa é un procedemento sinxelo.

1. Conecta a webcam ao teu ordenador por medio do cable USB que ten a cámara.

2. O ordenador detecta automáticamente o dispositivo e pedirache o CD/DVD que ven coa webcam

3. Inserta o CD/DVD e dalle a aceptar. Copiaranse os arquivos necesarios para o correcto funcionamento da webcam. Cando o proceso finalice aparecerá unha mensaxe informando que o proceso foi realizado con éxito.

CARACTERÍSTICAS

Á hora de adquirir un periférico deste tipo convén ter en conta:

Tipo de conexión: mellor con conexión USB xa que esta conexión trasmite a información a máis velocidade que o porto paralelo.

Velocidade de captura ou FPS (frame per second): fai referencia á cantidade de fotogramas (imaxes) que captura a cámara por segundo.
Canto maior FPS, maior fluidez e maior calidade terá o movemento das imaxes transmitidas. O mínimo aceptable é de 15 FPS e o máis usual é 30 FPS

Resolución: fai referencia ao número de pixels da imaxe capturada. A resolución e o FPS están en relación directa coa calidade de conexión que teña o usuario.
Non serve de nada ter unha velocidade de captura moi alta se a mala conexión non permite apreciala. Unha resolución de pantalla de 352x288 píxeles a 15 FPS ou de 160x120 píxeles a 30 FPS e o mínimo que debe esixir.
A webcam deberá ademais dispoñer de 24bits de color.
Axuste de imaxen: unha boa cámara deberá ter controles que permitan axustar o contraste, luz e tonalidade da imaxen.