Outras ferramentas Smart

SOMBRA DE PANTALLA

Ao facer clic en "sombra de pantalla"

Aparece unha pantalla gris que tapa todo o encerado, pode abrirse por calquera dos catro tiradores

Permite ir amosando información gradualmente

 

REFLECTOR

O reflector permite centrar a atención nun punto determinado do encerado. 

Pódese escoller a forma (elipse, estrela, rectángulo) e a transparecencia do reflector.

Para mover o reflector preme en calquera parte escura e para facer máis grande ou máis pequena a área visible preme e arrastra no bordo azul. 

 

AMPLIFICADOR

Permite aumentar o tamaño da parte do encerado que se queira a modo de lupa.

 

PUNTEIRO

Aparece na pantalla un punteiro que podemos mover, xirar e que permite sinalar o que queiramos.