Instalación

 

A maioría de escáners conéctanse ao equipo mediante un cable USB.  

Nalgúns é necesario instalar o software incluído (CD) antes de conectar o cable, noutros cando recoñeza o dispositivo pedirá o CD de instalación para instalar os drivers necesarios. 

Segue as instruccións do teu dispositivo para facelo. É moi sinxelo!

A maioría dos escáners traen un programa propio de escaneado, onde se definen as características do que se quere escanear (texto, imaxe blanco e negro, imaxe color.....) pero tamén se pode dixitalizar dende os programas habituais (Gimp, Adobe Acrobat ........)

 

CARACTERÍSTICAS

Estas son as características principais que debe ter un bo escáner: 

- Resolución: cualidade máis importante dun escáner, describe o número de puntos individuais que se ven nunha imaxe. Mídese en ppp (puntos por pulgada)

Por exemplo, unha resolución de 300x600 ppp indica que o escáner é capaz de captar nunha pulgada 300 puntos en horizontal e 600 en vertical. 

- Colores e bits: a maioría dos escaners actuais son capaces de captar ata16,7 millóns de cores diferentes. A maioría traballa a 48bits o que asegura que a imaxe reflexe casi perfectamente a cor natural ou verdadeira. 

- Tipo de conexión: afecta directamente á velocidade. A conexión USB é máis rápida que o porto paralelo. 

- Software: todos os escaners veñen acompañados dun software. Moitos incorporan programas de xestión de textos e imaxes, programas de recoñecemento de caracteres (OCR) ou de retoque fotográfico.