Gravadora
Ferramenta moi interesante que permite crear un arquivo de vídeo co que aparece no encerado máis o audio.
Cando prememos en "gravadora" aparece o seguinte botón
Fai clic na frecha
Elixe: gravar escritorio, gravar área ou gravar ventá segundo o que precises
Preme en menú e desplegaranse as opcións
Elixe "ocultar na bandexa do sistema" para que o botón non apareza na gravación. Colocarase un botón pequeniño na barra do reloxio.
Preme en "gravar" para gravar o que queiras no encerado (pode ser co notebook ou con calquera outra aplicación) cando remates volve a picar no icono da gravadora e preme en deter.
Preguntarache polo nome do arquivo e onde queres gardar o vídeo.