Comenzamos!

ENCERADO DIXITAL INTERACTIVO SMARTBOARD

Se o encerado e/ou videoproxector non están fixos para empezar a traballar no EDI é recomendable orientar/calibrar a pantalla.

Orientar garante que o cursor esté alineado coa presión do dedo. 

Se notas que as aplicacións non responden as indicacións do teu dedo volve a orientar o encerado. 

Para orientar presiona os dous botóns da bandexa do teu encerado ao mesmo tempo ata que apareza a pantalla de orientación. 

Se o teu encerado non ten os dous botóns deberás clicar no icono do software que aparece na barra inferior e orientar.

Presiona no punto que te vaia indicando a cruz. 

 

Segundo o modelo de encerado SMART do que dispoñamos consta das seguintes características:

BANDEXA DE ROTULADORES

Dispón de 4 rotuladores de diferentes cores, por defecto azul, verde, vermello, negro (pero poden configurarse ao gusto) para poder escribir no escritorio, nunha imaxe, nunha aplicación....

BOTÓNS

Existen 3 botóns:

A interrogación accede á axuda. 

O teclado facilita un teclado virtual que nos permite escribir dende o encerado

O rato permite empregar o botón dereito do rato. Facemos clic no botón do rato e o seguinte clic que se faga no encerado é igual ao botón dereito do rato.