5.2- Actividades
Un dos apartados que máis imos a utilizar é o bloque de Actividades.
Aquí é onde imos a resolver todos os problemas que nos xurdan, onde imos a contactar e a relacionarnos co profesorado e co resto dos compañeiros/as que están realizando o curso.
Poderiamos dicir que é a "cafetería" virtual, aberta 24 horas, onde nos imos reunir.
Cando teñamos calquera consulta sobre o curso prememos en FOROS.
Para mandar unha mensaxe ao foro, preme no foro que queiras enviala Aparecerán todas as mensaxes publicadas no foro, podes lelas e responder directamente ou engadir unha nova conversa.
Escribe un título (en tema) e expón a túa dúbida, pregunta... na mensaxe