4.- Corpo central
A parte central está estructurada por temas ou módulos que son os recadros con números que aparecen na parte central da imaxe.
Neses recadros aparecen nunha cor o esquema ou índice do tema a estudar e a continuación irán aparecendo documentos, titoriais, vídeos, tarefas, enlaces a páxinas web, ... todo relacionado para adquirir os coñecementos que se pretenden.
Apareceran os nomes dos arquivos que se utilizan cuns iconos que son distintos segundo o tipo de material utilizado (Vídeos, Imaxes, PDF, Páxinas web,...) e que previamente subira o administrador/a ou profesor/a.
Para abrir a información que conteñen, só hai que premer enriba de cada un deles. Normalmente o 1º tema sempre é Foro de novas. Moi importante para comunicación inmediata entre profesorado/administración e alumnado.
Nos módulos haberá o apartado TAREFAS que será onde o profesorado nos indique a tarefa que temos que facer para cada módulo.