Utilizar OpenOffice.org dende unha chave USB

Existe a posibilidade de empregar o OpenOffice.org dende unha chave USB. Isto fai posible empregar o OpenOffice.org en calquera computador sen necesidade de instalalo previamente. Deste xeito pódese, por exemplo, traballar con documentos feitos con OpenOffice.org nun computador que non o teña instalado.

Isto é posible grazas ao proxecto OpenOffice.org Portable. Na páxina oficial do OpenOffice.org Portable pódese descargar a versión 3.2.0  polo momento en castelán. Pero na web de mancomun.org está dispoñible a versión 2.3 en galego co corrector ortográfico do galego xa integrado. Debido a que na páxina anterior o enlace esta roto damos como alternativa as seguintes direccións

  • Para a versión en galego:

http://centros.edu.xunta.es/iesxulianmagarinos/webantiga/webs_deptos/Informatica/proxectos/magasicd/programs/poropenoffice/portable_openoffice_2.0_gl.exe

  •  Para a ultima versión en castelá:

http://downloads.sourceforge.net/portableapps/OpenOfficePortable_3.2.0_Spanish.paf.exe?download

Para executalo, non hai máis que descargar o ficheiro, descomprimilo, mover o cartafol a unha chave USB e estará listo para usalo.

OpenOffice.org permite durante o proceso de instalación activar a procura de actualizacións para a mesma. Se queremos xestionar estas actualizacións de forma máis persoal tamén as podemos configurar a través do menú "Ferramentas"...."Opcións", facendo dobre clic sobre a entrada "OpenOffice" da parte esquerda do cadro de diálogo e seleccionando a opción "Actualizacións en liña" poderemos configurar as mesmas de xeito máis persoal.