Que é o OpenOffice?

O Apache OpenOffice, comunmente coñecido por OpenOffice.org.(OOo) ou por OpenOffice, é unha suite ofimática (recompilación de aplicacións de uso común en oficinas) libre (código aberto e de distribución gratuíta) que inclúe ferramentas como: procesador de textos, folla de cálculo, xestión de bases de datos e presentacións.

Esta dispoñible para varias plataformas tales como Microsoft Windows, GNU/Linux, BSD, Solaris e Mac OS X. Soporta numerosos formatos de arquivo, incluíndo como predeterminado o formato estándar ISO/IEC, OpenDocument (ODF) entre outros formatos comúns, así como tamén soporta máis de 110 idiomas desde febreiro do ano 2010.

As aplicacións que conten o paquete de ofimática OpenOffice.org son:

  • Procesador de textos. Writer.
  • Folla de cálculo. Calc.
  • Presentacións. Impress.
  • Xestión de bases de datos. Base.
  • Editor de ecuacións. Math.
  • Programa de debuxo. Draw.
  • Editor visual de páxinas Web.
  • Un gravador de macros.
  • Filtros para a importación de ficheiros con formatos de Microsoft Word e para exportación a PDF e Macromedia Flash.
Como o OpenOffice.org é libre, pódese descargar e instalar legalmente e gratis.