Folla 2: Caixa

O contido desta folla é un copiado das filas 43 á 1398 da folla 1 e realizando un pegado especial e con ligazón na folla segunda. Logo se fixo un filtro automático reservando a primeira fila como títulos do filtro. Podemos comprobar como todos os contidos das celas están ligados aos contidos das celas das filas 43 a 1398 da folla de contabilidade. Calquera rexistro novo na folla de contabilidade quedará tamén rexistrado automaticamente nesta nova folla.

Se nos situamos en calquera cela da primeira fila e facemos clic na icona , e reservamos a primeira fila para os títulos. A continuación podemos filtrar os datos polo contido da columna F escollendo no filtro o carácter C (código correspondente aos ingresos e gastos rexistrados por caixa), deste xeito tan só de amosarán os ingresos ou gastos rexistrados por caixa.

Nesta mesma folla, e na parte superior, recóllese un código de control, que debe ter sempre de valor o cero, o saldo no banco, na caixa e o total.

 

Se rexistramos un gasto ou un ingreso novo na contabilidade e queremos que este quede rexistrado nesta folla, basta con ir ao Menú >> Datos >> Actualizar intervalo.