Actualizar ou eliminar unha táboa dinámica
Os datos da táboa de orixe e da táboa dinámica están vinculados, pero se se modifica a táboa inicial de datos non se modifica automaticamente a táboa dinámica.
Unha vez que modifiquemos os datos da táboa orixe, para que estes cambios sexan transferidos á táboa dinámica xa creada temos que selecciona
r unha cela calquera da táboa dinámica, facer clic no botón dereito do rato e na xanela emerxente premer en Actualizar.
Tamén podemos actualizar a táboa dinámica a través do menú en Datos > Táboa dinámica > Actualizar.
Unha táboa dinámica pode eliminarse ou ben indo a Menú > Datos > Táboa dinámica > Eliminar, seleccionando unha cela e co botón dereito do rato despregar o menú contextual e seleccionar Eliminar.
Ao eliminar a táboa dinámica non se elimina a táboa inicial dos datos nin se modifica ningún dos datos que contén esa táboa. Tan só se elimina a táboa dinámica e os datos que contén.