Que é a combinación de correspondencia?
Nalgunhas labores administrativas desempeñadas no exercicio da dirección, secretaria, titoría, etc… necesitamos comunicarnos co alumnado e as familias… por medio de cartas, notas informativas, etc. Os documentos que desexamos enviar parecerán máis persoais se neles figuran os nomes do pai ou da nai e o nome do alumno ou alumna. Noutras ocasións para envialos por correo postal é imprescindible que en cada un figure o nome e o enderezo dunha forma personalizada.
Entendemos por combinación de correspondencia o envío de moitas cartas ou correos electrónicos personalizados co nome, enderezo, etc…
Para poder realizar a combinación de correspondencia temos que:
- Crear unha carta modelo en Writer (de OpenOffice) ou noutro procesador de textos, nós imos usar o de OpenOffice.
- Crear un arquivo en Calc cos datos personalizados que desexamos incluír no documento de texto.
- Combinar o documento co asistente de combinación de correspondencia de OpenOffice.