Seguimento e desenvolvemento do curso
O curso ten unha estrutura modular. Os contidos de cada un dos módulos estarán dispoñibles para os participantes, segundo se vaian cumprindo as datas que figuran no calendario. Cada módulo ten como mínimo unha actividade obrigatoria que será enviada ao titor ou titora para a súa corrección, a través da mesma se avaliará o progreso de cada alumno/a.
Os titores/as remitirán un informe/valoración a cada alumno/a ao remate de cada un dos módulos do curso. No caso que un/ha alumno/a non supere algunha das tarefas propostas terá que realizala de novo, corrixindo os erros que sexan detectados polo titor/a.
As actividades ou tarefas estarán dispoñibles ao mesmo tempo que os contidos de cada módulo.