4.4.- Traballando con funcións. Unha
función é unha fórmula predefinida por
OpenOffice.org Calc (ou polo usuario) que opera con un ou máis
valores e devolve un resultado. A
sintaxe de calquera función é: nome da función
(argumento1;argumento2;...;argumentoN). A sintaxe debe adecuarse
ás seguintes regras: - Se a función vai ó comezo dunha fórmula debe empezar polo signo =
- Os
argumentos ou valores de entrada van sempre entre parénteses
tendo sempre en conta que non se poden deixar espacios antes e despois
de cada paréntese.
- Os argumentos poden ser valores constantes (número ou texto), fórmulas ou funcións.
- Os argumentos deben de separarse por un punto e coma (;). Por exemplo: =SUMA(A1;A2;A5), sumará as celas A1, A2 e A5. Tamén podemos usar o operador dous puntos(:). Por exemplo SUMA(A1:C8). O operador ":" identifícanos un rango de celas, así A1:C8
indica todas as celas incluídas entre a cela A1 e a C8,
así a función anterior sería equivalente a: =A1+A2+A3+A4+A5+A6+A7+A8+B1+B2+B3+B4+B5+B6+B7+B8+C1+C2+C3+C4+C5+C6+C7+C8
No anterior exemplo pódense apreciar as vantaxes de utilizar a
función. As fórmulas poden conter máis dunha
función, e poden aparecer funcións anidadas dentro dunha
fórmula, por exemplo: =SUMA(A1:B4)/SUMA(C1:D4). Existen moitos
tipos de funcións dependendo do tipo de operación ou
cálculo que se queira realizar. Deste xeito hai funcións
matemáticas e trigonométricas, estatísticas,
financeiras, de texto, de data e hora, lóxicas, de base de
datos, de busca e referencia e de información.
- Para
introducir unha fórmula en primeiro lugar seleccionamos unha
cela e a continuación introducir calquera texto precedido sempre
do signo =.
-
Tal
e como vimos comentando, unha función pódese escribir
directamente nunha cela se coñecemos a súa sintaxe, pero
OpenOffice.org Calc tamén dispón dun asistente polo que
nos vai resultar máis sinxelo traballar. Para introducir unha
función nunha cela, situámonos na cela  onde
queremos introducir a función; a continuación
seleccionamos no menú "Inserir" / "Función". Tamén
podemos acadar o mesmo resultado facendo clic sobre o botón
fórmulas da barra de fórmulas e aparecerá o cadro
de diálogo "Inserir función".  rta -
OpenOffice.org Calc permítenos utilizar diversas
funcións, estando estas clasificadas por categorías. Tal
e como podemos apreciar na lista de Funcións, hai unha lista de
funcións predefinidas. Simplemente hai que elixir a
función que desexamos facendo clic sobre esta. Para que a lista
de funcións non sexa tan extensa podemos seleccionar previamente
unha categoría, isto fará que no cadro da lista só
aparezan as funcións da categoría elixida e se reduza a
lista. Se non estamos moi seguros da categoría a escoller,
podémolas ver Todas. A media que seleccionamos unha
función, á dereita aparecen os distintos argumentos e
unha breve descrición desta. No recadro inferior
"Fórmula" vemos a fórmula que vamos compoñendo coa
axuda do asistente e o resultado devolto.
| Titoriais: Pódese ver de seguido unha demostración de como se suma en Calc. |