OpenOffice 3

open office
 
Módulo 4. Calc
calc

Como se reemprazan datos? buscar
Poñamos por caso que introducimos un valor erróneo e precisamos cambiar ese valor erróneo por outro. Pois ben, para facer isto imos ó menú "Editar" e seleccionamos as opcións "Localizar e substituír". En buscar, indicamos o valor erróneo e en substituír sinalamos o novo valor.

Como se corrixe un documento?
No caso de que a folla de cálculo leve texto e queiramos corrixilo, podemos facelo rapidamente desde o menú "Ferramentas" / "Verificación Ortográfica". Antes de comezar a corrixir, debemos escoller o dicionario axeitado, a saber, Galego, Castelán, Inglés, etc., para que se fagan ben as correccións.ortografía

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Como se fan anotacións?
Para facer unha anotación nunha cela, procedemos da seguinte forma: Ubicamos o cursor na cela na que desexamos facer a anotación; seguidamente imos ó menú "Inserir" e escollemos a opción "Nota". Agora non temos máis que escribir o texto que queiramos que apareza na anotación. Cando desprazamos o cursor para outra cela, a nota desaparece quedando na parte superior dereita da cela un punto vermello que indica a presencia do comentario inserido. Para ver o comentario non temos máis que poñernos co rato sobre a cela, e automaticamente xa podemos ver o texto que puxemos na anotación. Se queremos que as notas non permanezan ocultas, seleccionamos a cela/s que ten a nota, prememos co botón dereito do rato sobre ela e seleccionamos a opción "Mostrar nota". Facemos o mesmo proceso si o que desexamos é volver a ocultar a nota.

<<anterior