| OpenOffice 3 | ||
| Módulo 3. Impress | ||
| Ordenar obxectos ... Ó
traballar con Impress pode darse o caso de que se inseren varios
obxectos uns encima de outros e polo tanto, que uns oculten a outros.
Para poder solventar isto, Impress dispón dunha opción que nos
permitirá mover os obxectos en planos distintos (traer cara adiante,
cara atrás, etc.). Como sempre, para poder ordenar obxectos, primeiro temos que seleccionar o obxecto que queiramos ordenar. Unha vez que fixemos isto, facemos clic co botón dereito do rato, e no menú contextual escollemos a opción "Dispor". Seguidamente establecemos unha orde a seguir. Si seleccionamos a opción "Traer para adiante", o obxecto seleccionado pasará a ser o primeiro, é dicir, si o poñemos encima doutros obxectos tapará ós outros obxectos que ten debaixo. Pola contra, si escollemos a opción "Enviar para atrás", o obxecto pasará a ser o último, polo que calquera obxecto que haxa encima del taparao. Doutro xeito, si escollemos a opción "Traer cara a adiante" o obxecto que teñamos seleccionado pasará unha posición adiante, e si escollemos "Enviar cara a atrás" o obxecto pasará a unha posición atrás. |
| |
| <<anterior | ||