A pantalla OpenOffice.org Impress. A continuación podemos ver unha imaxe de como é a pantalla principal de OpenOffice.org Impress.  A
estrutura básica da pantalla é a mesma cá do
Writer ou a do Calc. Polo tanto vámonos encontrar con: - Unha barra de título:
Conten o nome do documento sobre o que estamos traballando. Cando
creamos unha Presentación asígnaselle un nome provisional, neste caso
"Sen título1, ata que a gardemos e lle deamos o nome que queiramos. Tal
e como se aprecia no extremo da dereita están os botóns para minimizar,
restaurar/maximizar e cerrar a aplicación.
- Unha barra de menús: conta con todas as operacións que nos permite realizar Impress.
- Unha barra de funcións:
conta con iconas que permiten executar de forma rápida algunhas das
operacións máis funcións máis comúns, isto é, Gardar, Copiar, Colar,
etc.
- Unha barra de estado:
indícanos o estado da presentación, neste caso proporciónanos
información sobre a localización do punteiro do rato, o tamaño da
diapositiva representado en %, e a diapositiva na que nos atopamos..
- Unha barra de desprazamento:
as barras de desprazamento permítenos mover ó longo e ancho da pantalla
de forma rápida e sinxela desprazando a barra arrastrándoa co rato. Hai
unha barra de desprazamento vertical e outra horizontal. Estas barras
só aparecen cando fan falla, é dicir, cando a presentación non cabe na
pantalla.
| |