OpenOffice 3

OpenOffice
 
Módulo 3. Impress
calc

Eliminar obxectos ...

Como sempre, cando queiramos borrar un obxecto en primeiro lugar temos que seleccionar os obxectos a eliminar mantendo pulsada a tecla "Maiúsculas". Despois podemos borralo premendo a tecla "Supr". Deste xeito eliminaremos texto, gráficas, imaxes, etc. Desfacer

Cabe ter á man dúas opcións moi útiles á hora de eliminar obxectos; trátase dos comando desfacer e refacer; deste xeito podemos desfacer (ou volver a facer) a última operación realizada. Para desfacer a última operación podemos ben seleccionar a opción "Desfacer" do menú Editar ou premendo simultaneamente as teclas Ctrl+Z. Pola contra, para volver a facer a última operación realizada podemos seleccionar a opción "Editar" / "Refacer" ou premer as teclas Ctrl+Y.

<<anterior