OpenOffice 3

OpenOffice
 
Módulo 3. Impress
calc

Movendo obxectos...

En OpenOffice Impress podemos mover obxectos arrastrando ou cortando.

Para mover un obxecto arrastrando, en primeiro lugar, escollemos o obxecto facendo clic sobre el. Mantendo pulsado o botón esquerdo do rato mentres arrastramos o obxecto. Unha vez que estamos na posición onde o queremos deixar, soltamos o botón esquerdo do rato. Deste xeito, o obxecto quedará na posición indicada.

Por outra banda , se queremos mover un obxecto dunha diapositiva a outra, seleccionamos o obxecto e prememos as teclas Ctrl+X; deste xeito cortamos o obxecto. A continuación situámonos na zona da diapositiva a onde queremos mover o obxecto e prememos Ctrl+V.

Modificando o tamaño dos obxectos...

Para modificar o tamaño dun obxecto, como sempre, o primeiro que teCambiar tamañomos que facer é seleccionalo. Cando o temos seleccionado, van aparecer oito puntos. Ditos puntos vannos servir para para modificar o tamaño do obxecto.

Ó situarnos nos puntos das esquinas co punteiro do rato convértese nunha frecha bidireccional; dita frecha permitiranos modificar o ancho e o alto do obxecto. Unha vez que lle demos o tamaño desexado, volvemos a soltar o botón do rato.

Os puntos que se encontran situados na metade dos lados verticais teñen unha función similar ós situados nas esquinas pero coa diferencia de que estes unicamente permiten modificar o ancho do obxecto. Mentres que os puntos que se encontran situados na metade dos lados horizontais permiten modificar o alto do obxecto.

Xirando obxectos en Impress...

Ademais de redimensionar obxectos, tamén podemos aplicar outros cambios ós obxectos, isto é, podemos cambiar a súa orientación, voltear.

Para xirar ou voltear un obxecto, primeiro hai que seleccionalo; unha vez seleccionado escollemos as opcións "Formato" / "Posición e tamaño".

Posición e tamaño

Tamén podemos xirar un obxecto seleccionándoo e arrastrando os puntos extremos de modo similar ó cambio de tamaño coa ferramenta voltear da barra de debuxo. voltear

 

.

<<anterior