|
OpenOffice 3 |
|
|
|
Módulo 3. Impress |
|
|
8. Elementos Multimedia.OpenOffice Impress tamén nos permite inserir elementos multimedia mentres deseñamos diapositivas. Para inserir son ou vídeo nunha presentación, en primeiro lugar escollemos a presentación onde queremos inserir o elemento multimedia; a continuación desde o menú "Inserir" / "Vídeo e son"; despois, desde unha ventá, indicamos a ruta do ficheiro de audio ou de vídeo que queremos escoller e prememos na opción "Abrir". Si o que queremos é inserir unha pista dun CD de audio debemos seguir o mesmo procedemento, convertendo previamente a pista a un formato soportado por Impress.
NOTA Recomendamos: 1.- Reflexionar sobre a presentación que desexamos realizar, o tema, a quen vai dirixida, como e onde a imos expoñer, etc., realizando un boceto ou diagrama esquemático sinxelo da súa composición e contidos que nos axudarán a ter unha idea inicial do que temos que buscar e como o vamos a compoñer. 2.- Recopilar toda a información a usar: artigos sobre o tema, gráficos, sons, vídeos, etc. 3.- Crear un cartafol e gardar nel a presentación e os ficheiros multimedia que vas a usar na presentación para poder executala noutro ordenador sen romper as ligazóns. 4.- Realizar a presentación e unha vez rematada, reproducila, comprobando se todos os arquivos gráficos e multimedia se reproducen correctamente. Pensade que Impress non soporta todos os tipos de son e vídeo. Dependendo da importancia do traballo é recomendable, senón imprescindible, reproducir a presentación en diferentes computadoras, pensando na súa portabilidade.
|
Titoriais:
|
|
|
|
||