| OpenOffice 3 | ||
| Módulo 3. Impress | ||
| Seleccionando obxectos... Para seleccionar un obxecto ou elemento dunha diapositiva, non hai máis que facer clic sobre el co botón esquerdo do rato. Pola contra, para deixar de seleccionar un elemento, non hai máis que premer co botón esquerdo do rato fóra do marco. Para seleccionar máis dun elemento, debemos ter pulsada a tecla "Maiúsculas" a medida que prememos co botón esquerdo do rato. Para deixar de seleccionar un obxecto, temos que premer a tecla Ctrl a medida que escollemos o obxecto a quitar da selección. Copiando obxectos... Para copiar un obxecto dunha diapositiva temos que seguir os seguintes pasos:
Duplicando Obxectos... Se
o que queremos é copiar un obxecto na mesma diapositiva, podemos
utilizar o método de "duplicar obxectos", que consiste en facer unha
copia exacta do obxecto ou obxectos que temos seleccionado/s. Para duplicar un obxecto primeiro hai que seleccionalo, seguidamente hai que escoller as opcións "Editar" / Duplicar". Para acadar o mesmo resultado tamén se poden utilizar as teclas "Maiúsculas + F3". Deste xeito aparecerá un cadro de diálogo como o que estamos a ver no que podemos indicar o número de copias que queremos, especificar a cor do obxecto, a localización e as dimensións. | Titoriais: | |
| <<anterior | ||