| OpenOffice 3 | ||
| Módulo 2. Writer | ![]() | |
| 2.4.3. O formato da páxina Normalmente
non necesitamos modificar o formato estándar do noso documento. Cando
creamos un documento novo, este ven preparado para ser impreso nunha
folla A4, e ten uns marxes de 3 cm. a cada banda. Pero se queremos
facer algunha cousa especial, como un folleto ou un documento para
encadernar, si que necesitamos cambiar estas características. Todo esto
atópase no menú "Formato", opción "Páxina". ![]() O principal atópase na sección Páxina, onde podemos escoller o tamaño do papel (por defecto A4), se queremos que a páxina teña unha orientación vertical ou horizontal, ou o tamaño das marxes. Tamén, nas opcións de "Deseño de páxina" da mesma sección, podemos escoller que aplique os cambios de acordo con algún tipo de diseño especial, como por exemplo o reflectido, para aplicar a un documento para encadernar onde queremos que a marxe interior de todas as páxinas sexa máis ampla que a exterior. Así, por exemplo, escolleríamos unha marxe interna de 4, pero unha externa de 2, e marcaríamos o deseño reflectido para aplicar. Tamén podemos definir un bordo ó redor das páxinas, na sección "Bordos", ou unha cor de fondo en "Fondo". 2.4.4. Definindo a cabeceira e o pé da páxina Podemos facer que o Writer dispoña de pé ou/e cabeceira en todas as páxinas do noso documento (por exemplo, para poñer un logotipo, ou un texto común en todas as follas). O proceso é o mesmo para poñer unha cabeceira ou un pé de páxina común: Dende o menú "Inserir", opción "cabeceira" "predefinido" ou "pé de páxina" "predefinido". Cando activamos, por exemplo, a cabeceira, vemos que aparece un cadro novo á cabeza do documento como o da imaxe, no que podemos escribir, poñer unha imaxe, unha liña, unha cor de fondo... ![]() Podemos
comprobar que o mesmo que poñamos na cabeceira dunha páxina aparece no
resto. O pé de páxina pódenos permitir, por exemplo, incluir o número
de páxina. Para incluir o número de páxina, temos que ir ó menú
"Inserir", "campo", e escoller "número de páxina". Unha vez
inserido, podemos cambiarlle o tipo de letra, aliñalo á dereita, etc. |
| |
| <<anterior | ||