| OpenOffice 3 | ||||||||
| Módulo 2. Writer | ![]() | |||||||
| 2.3. Inserir táboas no documento Ás
veces é convinte engadir táboas de contido no noso documento. Con
Writer, podemos facelo facilmente. En principio temos que situar o
cursor onde o queiramos poñer na táboa. (Mesmo poderiamos inserir
unha táboa dentro dunha cela doutra táboa!) Unha
vez definida a nosa táboa, podemos traballar nas celas que a compoñen
simplemente colocando o cursor onde queiramos. Mediante o tabulador
podemos movernos entre elas. Dentro dunha táboa podemos colocar todo
tipo de contidos, non só texto, senon gráficos, obxectos, etc. Modificando as táboas Se necesitamos facer algún cambio, como engadir máis columnas, podemos facelo dende o menú táboa. (Dependendo da nosa configuración do Writer, é posible que tamén nos apareza a barra de táboa cando esteamos traballando nunha táboa). Por exemplo, se queremos engadir unha columna, imos ó menú "Táboa", "inserir" e escoller "columna". Na ventá que se abre escollemos o número de columnas que queremos engadir, deste xeito as columnas colocaranse antes ou despois de onde teñamos o cursor. O mesmo sucede se queremos eliminar unha fila ou columna. Temos que asegurarnos que temos o cursor na columna ou fila que queremos eliminar. No menú "Táboa" tamén temos outras opcións útiles, como a de combinar varias celas para facer unha soa, como neste exemplo:
Empregando unha táboa para calcular Imaxinemos que o noso documento contén unha táboa co presuposto dunha excursión para final de curso. Writer permite que non só poidamos escribir os datos na táboa, senon que tamén poidamos facer que por exemplo, calcule o custo por partida e o total, sen necesidade de recurrir á utilización dunha folla de cálculo. Para engadir unha fórmula na táboa, só temos que situar o cursor onde queremos, e no menú "Táboa" (ou premendo F2) aparece a "barra de fórmulas" debaixo das dúas barras habituais. Nesa barra, comezando polo símbolo = podemos escribir os cálculos que irán nesa cela. (Ver o titorial para saber máis sobre este aspecto). | Titoriais: | |||||||
| <<anterior | ||||||||