GIMP. Unha ollada
Os programas de manipulación de imaxe vovéronse moi populares dende hai un tempo ata o de agora, mesmo deron lugar ao verbo "photoshopear", que ven do programa de retoque de imaxe máis coñecido, o Adobe Photoshop (r). Este é un programa con licenza privativa, é dicir, que debemos pagar por utilizalo e mesmo se sbemos como facelo, non estamos autorizados a modificalo para adaptalo ás nosas necesidades.
Con todo, existe unha alternativa magnífica no ámbito do software libre. GIMP (GNU Image Manipulation Program). É o programa destas características que está dispoñible para máis Sistemas Operativos (Unix, GNU/Linux, FreeBSD, Solaris, Microsoft Windows e Mac OS X, entre outros).
Abre o programa. Aplicativos -> Gráficos -> GIMP (Inicio -> Todos os programas -> GIMP en Windows) . Trala pantalla de carga
aparecerá a interface de usuario.
Como podemos observar, a interface de usuario está dividida en tres partes: A esquerda a caixa de ferramentas, que veremos un poquiño máis adiante; no medio estará a imaxe na que traballemos en cada momento, e á dereita, hai unha caixa mediante a que podemos manipular (crear, ordear, eliminar...) capas e canles.
Os menús principais da aplicación atópanse na ventá central, a que chamamos "Espazo de traballo"
Para crear unha nova imaxe: Menú Ficheiro -> Novo
e aceptamos os valores que nos proporciona por defecto. A ventá central quedará así.
Para esta sesión traballaremos con algunhas das ferramentas máis habituais de GIMP. Vemos unha imaxe delas.