O panel superior
O panel superior presenta dous conxuntos de iconas; unhas situadas á esquerda que nos permiten ir á ventá de favoritos (o inicio por defecto)
, e cambiar entre aplciacións abertas
; a icona "iluminada" correspóndese coa aplicación activa; as "apagadas" con aplicacións abertas pero que non son visibles neste momento. Basta facer clic sobre elas para traer eses programas a primeiro plano.
O conxunto de iconas da esquerda permite, entre outras cousas, forzar o peche dunha aplicación que non funciona correctamente
, regular o volume
, controlar o funcionamento de programas como Sigala
ou iTalk
; comprobar que temos conexión de rede
e a carga da batería
; consultar o calendario e cambiar de usuario
ou apagar o ordenador