Mover ao lixo Vs Eliminar

A DIFERENCIA ENTRE "MOVER AO LIXO" E "ELIMINAR"

Cando queremos borrar un arquivo que xa non precisamos, podemos "envialo ao lixo" ou eliminalo por completo. A diferencia entre unha acción e outra é que coa primeira o arquivo pode ser recuperado, mentres que coa segunda non. Polo menos cos procedementos habituais. A mellor maneira de velo, e facendo unha proba práctica.

  • No escritorio, fai clic co botón dereito do rato e selecciona "Crear documento > Ficheiro baleiro". Verás que no escritorio aparece  un arquivo chamado "Ficheiro novo". Non é preciso que o abras.
  • Fai clic unha soa vez neste ficheiro e preme a tecla "Supr". Verás que o ficheiro desaparece, pero non se perde. Está no "lixo", de onde pode ser recuperado. Faino: doble clic en e clic dereito no ficheiro que acabamos de borrar. Selecciona "Restaurar" e voltará ao escritorio.
  • Agora fai clic no mesmo ficheiro e  no menú contextual (botón dereito) elixe "Eliminar". Se no cadro de diálogo seguinte elixes "Eliminar", o arquivo será borrado sen posibilidade de recuperación. Faino e comproba que non está na caixa do lixo.