O Sistema Operativo dos ordenadores Abalar

 

Os ordenadores Abalar, tanto o do profesor como os ultraportátiles do alumnado funcionan co Sistema Operativo (S.O.) Gnu/Linux, máis habitualmente chamado simplemente Linux.
Gnu/Linux naceu da asociación de dous proxectos: GNU que hacia 1991 contaba con moitos programas listos para funcionar, pero faltáballe o núcleo (Kernel) do sistema, encargado de relacionar o software co hardware e o hardware entre si. Nese mesmo ano un estudiante finlandés, Linus Torvalds, comunica na rede que dispón dun núcleo feito por el, pero segundo o seu comunicado aínda non era especialmente útil; naquel momento era "un programa para hackers feito por un hacker".  Nacía Linux.
O comunicado recibiu moita atención e comezou o seu desenvolvemento por parte dunha comunidade de programadores. En 1993 aparecen as primeiras distribucións: Slackware (a máis veterana) e Debian, da que deriva Abalar. 

Linux é hoxe un S.O. estable, seguro, e tan fácil de utilizar coma calquera outro. 

 

 

                                                             
Logo GNU                                  TUX, a "mascota" de Linux                       Logo de "Debian"

 

Ligazóns para saber máis: