Retirar unidades externas
Entendemos por unidades externas aqueles dispositivos de almacenaxe que se conectan ao PC por medio dun dos portos adicados a iso. Os máis comúns son os Pen Drives
que poden almacenar varios Gigabytes (Gb) de datos como poden ser fotos, vídeos, música, etc. A capacidade destes aparellos varía, sendo o máis habitual capacidades de 2, 4, 8, 16 ou 32 Gb.
Estes dispositivos son recoñecidos, por norma xeral, polo noso ordenador en canto os conectamos ao mesmo.
Atoparémolos baixo a categoría
e represéntanse pola icona
O proceso máis seguo para retirar estes dispositivos unha vez rematado o traballo con eles é o que se indica a continuación.
- Antes de retirar o Pen Drive, debemos asegurarnos de cerrar as aplicaciones que estaban gardando datos nel, como pode ser o procesador de textos, o reprodutor de música, etc. con esto evitaremos que apareza unha mensaxe dicindo que non se pode retirar.
- Para extraer con seguridade unha unidade externa, faremos clic no símbolo "extraer" que figura na parte superior dereita da icona do USB
. Tamén podemos facer clic co botón dereito do rato sobre a icona do Pen Drive e seleccionando "Expulsar"
. Poderemos desenchufalo en canto a icona desapareza do escritorio.
- Inserta un Pen Drive, espera a que o ordenador o recoñeza e navega polo seu contido, se o ten.
- Extrae o disco USB segundo o proceso indicado máis arriba