Páxina soa
Se eliximos esta opción, eXe producirá un cartafol que contén un único arquivo de páxina web: index.html.
Neste formato eXe non crea a barra de menús lateral, o que por unha banda permítenos aproveitar todo o ancho da pantalla para visualizar os nosos contidos, pero pola outra temos o inconveniente da navegación: os usuarios terán que utilizar o scroll para examinar e operar co recurso. Pode resultar interesante para a visualización de determinados contidos que precisen o máximo espazo de pantalla.