Paquete de contido IMS
IMS Content Packaging specification é un formato con moitas similitudes con SCORM que artella unha árbore de especificacións para organizar os contidos educativos que fai que poida ser reempregado en moitas plataformas sen necesidade de andar convertendo estes contidos a outros formatos.
Isto fai que sexa un formato excelente para empaquetar e organizar contidos elaborados con eXe. Ademais, un recurso IMS CP pode utilizarse nun repositorio dun servidor local, permitindo compartir os seus paquetes por varios cursos diferentes.
Para empaquetar unha unidade didáctica ou recurso en formato IMS en eXelearning, hai que pinchar en Ficheiro>Exportar>Paquete de contido IMS.