7. Estilos
Os estilos permiten cambiar o aspecto da nosa unidade didáctica. Isto lógrase mediante a utilización de follas de estilo CSS, que separan nun contorno web a aparencia dos contidos.
As follas de estilo (style sheets) configuran os aspectos de formato e de presentación dos contidos: tipo, fonte e tamaño de letras, xustificación do texto, cores e fondos, etc.
EXelearning proporciónanos por defecto unha manchea de follas de estilo que nos permiten cambiar o aspecto visual da nosa unidade didáctica.
Para cambiar o aspecto ou a presentación do noso traballo con eXelearning, non temos máis que pinchar na pestana Estilos da barra de menús e ir facendo clic en cada unha das opcións que nos oferta o programa, tal e como se ve na imaxe da dereita, de xeito que poderemos escoller a que máis nos guste.
O CEDEC (Centro Nacional de Desarrollo Curricular en Sistemas no Propietarios) teñen creados tres novos estilos para eXe-Learning con, en palabras súas, un "aspecto renovado, flexible, dinámico y moderno, acorde a los tiempos 2.0 que estamos viviendo". Se queremos descargalos e instalalos no noso editor eXe-Learning, podemos pinchar aquí.