6. Ferramentas

As ferramentas (iDevices) en eXe-learning
eXelearning subminístranos un conxunto de ferramentas para crear contidos educativos denominadas iDevices.
Os iDevices son, xa que logo, os instrumentos didácticos dos que nos valeremos para inserir elementos de contido nun proxecto.

Así, os iDevices dos que dispoñemos para completar as exposicicións teóricas ("Texto libre"), tales como por exemplo actividades de ocos ou de lectura, applets, artigos da Wikipedia, exames SCORM ou preguntas obxectivas, permitirannos enriquecer de xeito substancial as nosas unidades didácticas.

Utilizar un iDevice é moi sinxelo: só temos que escoller a ferramenta que precisemos, pinchando nela. Ao editala, mostraranse as súas opcións específicas e non teremos máis que enchelas. Tamén contamos con iconas de axuda que nos orientarán en todo momento.

Tamén existe un editor en Ferramentas>Redactor do iDevice, para crear actividades personalizadas.

 

Controis das ferramentas