2. Instalación de eXeLearning
Aquí trataremos soamente da instalación de eXelearning en Windows, por ser o sistema operativo mais utilizado, e Ubuntu, por ser o sistema operativo escollido para o Proxecto Abalar na súa versión 10.04. Para outros sistemas operativos ou outras versións dos mesmos, remitímonos á páxina oficial do proxecto.
Windows:
Para instalar eXelearning no noso ordenador, iremos á web oficial do software: http://exelearning.org/ e buscaremos o apartado Download eXe, no que teremos que atopar o
subapartado dedicado a Windows, concretamente o enlace Last Release Windows (installer).
Facendo clic sobre el conseguimos que se inicie descarga, por exemplo, ao noso escritorio.
Facendo clic sobre el conseguimos que se inicie descarga, por exemplo, ao noso escritorio.
Unha vez descargado o arquivo eXe-install-1.04.exe, faremos dobre clic
sobre el co botón esquerdo do rato e seguiremos as instrucións de
instalación que nos vai indicando; aceptamos o acordo de licenza, pinchando en "I Agree", e finalmente
chegamos á pantalla que nos pide que indiquemos a ubicación da
instalación. Eliximos o cartafol que nos dá por defecto, e facemos
clic en "Install".
Ubuntu 10.04 ou posterior:
A versión estable que se pode descargar da páxina oficial de eXeLearning ofrécese para as seguintes versións:
- Ubuntu Feisty (works with Ubuntu Feisty 7.04, Gutsy 7.10, and Hardy 8.04)
- Ubuntu Dapper (eworks with Ubuntu Dapper 6.06 and Edgy 6.10)
A que lle corresponde á versión 10.04 de Ubuntu é a primeira, pero a súa instalación poder dar problemas coas dependencias.
Jim Tittsler recomenda instalar este paquete que se atopa en fase de proba:
Nós instalámolo sen ningún problema (con dobre click depois da descarga) e temos eXe 1.04.1 funcionando perfectamente en Ubuntu 10.04 e en versións posteriores.