UNIDADE DIDÁCTICA

 

 

 

A linguaxe gráfica está presente cada vez máis nas nosas vidas, e na posiblemente constitúa o elemento matemático máis presente nos medios de comunicación. Isto é debido principalmente á súa capacidade para representar dun xeito sinxelo relacións e procesos de moitos campos da realidade.

Cremos por tanto que un cidadán do século XXI debería ter una formación que lle permitise interpretar a información presente en gráficas de diferentes tipos, así como contrastar a veracidade ou non das interpretacións realizadas polos medios de comunicación.

Esta formación resulta básica para o desenvolvemento das competencias básicas do alumnado, especialmente no que atinxe ás competencias matemática, lingüística e no manexo das novas tecnoloxías.