Recursos e materiais
Dado que este traballo nace cunha firme intención de relacionar as Metemáticas coa vida real, traballarase co apoio de materiais da mesma, empregando sempre que sexa posible gráficas e datos de medios de comunicación, páxinas web, organismos oficiais, etc.
Tamén se traballará co apoio de programas informáticos, primando sempre o traballo con software libre, como o Geogebra e Funcións 2.6 para Windows. Estes programas pódense descargar facendo clic sobre cada un dos seus nomes.
Como exemplo de web de apoio con materiais sobre este tema, destacaremos a seguinte, atopada dentro da web da sociedade Thales do profesorado de Matemáticas de Andalucía.
GRÁFICAS DE FUNCIONES. SOCIEDAD THALES
