Helena vai medrando
Na cartilla médica de Helena hai unha táboa que reflicte a variación do seu peso durante o seu primeiro ano de vida. O obxectivo destas táboas non é outro que podermos coñecer se o crecemento dos nenos se mantén dentro dos parámetros desexables e detectar rapidamente calquera problema ou anomalía relacionada coa nutrición ou o crecemento.
A táboa da cartilla de Helena é a seguinte:
Representa no teu caderno os puntos da táboa e úneos cunha liña. Fíxate en que é necesario elixir unha escala axeitada para as dúas variables.
Indica se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas.
O peso de Helena medrou continuamente ao longo do seu primeiro ano de vida.
Verdadero Falso
Se continuamos a gráfica ao longo de toda a visa de Helena, esta seguirá sempre "costa arriba".
Verdadero Falso
Antes de ter medio ano de vida, Helena pesaba o dobre que cando naceu.
Verdadero Falso
O peso de Helena aumentou ao mesmo ritmo durante o seu primeiro ano de vida.
Verdadero Falso